Capela e ermida

Capela da Nosa Señora dos Remedios de Ourense

Ourense

Capela da Nosa Señora dos Remedios de Ourense, capela e ermida en Ourense

Foto: Enciclopedia1993 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A capela da Nosa Señora dos Remedios é un santuario do século situado a carón da ponte Maior de Ourense. Está declarada Ben de Interese Cultural, e en 1961 declarouse monumento histórico-artístico nacional. Acredora de varios privilexios outorgados por diversos pontífices, cada 8 de setembro ten lugar a romaría da Virxe dos Remedios, precedida por unha novena iniciada o 30 de agosto e pola Procesión da Luz o 7 de setembro. En 2010 sufriu un incendio que a destruíu de forma parcial. A carón dela discorre o Camiño de Santiago.

Historia

O templo foi construído en 1522 por Francisco Méndez Montoto, procurador xeral da cidade, nun campo a carón da ponte, empregando parte do seu capital e mais a fortuna deixada por un axustizado. A zona era utilizada como espazo de combates, polo que recibía o nome de Campo do Desafío, e Montoto decidiu levantar unha capela no lugar para que cesasen ditas prácticas no espazo, e para dar acubillo a peregrinos. Convertida en obxecto de devoción e romarías, Alonso Méndez Montoto, fillo de Francisco, ordenou o derribo e reconstrución en 1584 para aumentar o santuario. A obra levouna a cabo o canteiro de Barbadás Gregorio Fatón cun custo de 4000 ducados En maio de 1589, durante a guerra anglo-española, as reliquias do apóstolo e mais outras custodiadas na catedral de Santiago de Compostela foron levadas por oito cóengos por temor a que os ingleses invadisen Santiago de Compostela, e gardáronse temporalmente na capela dos Remedios. En 1865 o gobernador civil Lucas García Quiñones autorizou a José Méndez Miramón, descendente de Francisco Méndez, a que recadase esmolas e ofrendas para o templo: O 27 de xullo de 1873 os restos de Francisco Méndez foron levados á capela. A contorna da capela serviu de campo da feira e lugar de instalación de circos ambulantes e celebración de corridas de touros. Entre 1895 e 1930 acolleu a primeira central eléctrica ourensá, fundada polo avogado e industrial Francisco Conde Balbís, que se mantivo en pé até mediados do século XX.

Incendio

O 28 de xullo de 2010 produciuse un incendio na capela por mor dun curtocircuíto na parte traseira da nave, xunto ao retablo central. que destruíu a práctica totalidade do mobiliario que albergaba no interior, afectando en menor medida á fachada e os muros exteriores. Salváronse os piares, os muros de granito, a fachada e a imaxe policromada da Virxe. O teito, gravemente danado, derrubouse meses despois por mor da choiva. Unha das vigas caeu sobre o sepulcro de Montoto e outra sobre un dos retablos calcinados, que se partiu en dos. A talla orixinal da Virxe, do século XVI, consérvase no santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo, mais ardeu unha copia do século XIX. O patrimonio moble estaba valorado en aproximadamente 30 000 euros. Ademais da imaxe titular arderon o teito de madeira, os retablos laterais, os exvotos e o retablo que albergaba a Virxe na capela maior.

Restauración

Mentres a capela estivo danada celebrouse a novena na igrexa de María Auxiliadora de Ourense, onde se custodiaba unha copia da imaxe da Virxe. As obras de restauración leváronse a cabo tras un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense, a Deputación de Ourense e a diocese de Ourense, logo de que a familia se comprometese a cederlle o santuario á diocese en xaneiro de 2013. As obras tiveron un orzamento de 387 000 euros. Os traballos de reparación acometéronse despois de que os propietarios da capela, herdeiros do fundador, cedesen o santuario á diocese de Ourense en xaneiro de 2013. Durante as obras descubriuse unha nervadura cunha bóveda sobre o altar, que tamén foi rehabilitada.…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Capela

Dedicado a Virxe dos Remedios

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 113 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ourense, a 136 m

Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 30 m

No concello viven 105.609 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Rúa da Ponte Romana 123, 32003, Ourense

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar