Castelo

Castelo de Ribadavia

Ribadavia · Ourense

Castelo de Ribadavia

O castelo de Ribadavia é un amplo espazo arqueolóxico e monumental do que foi a fortaleza dos Condes de Ribadavia, da familia Sarmiento. Son os restos dun castelo de grandes dimensións que foi escavado e está na actualidade en proceso de rehabilitación. == Situación == Sitúase no conxunto histórico de Ribadavia, a súa fachada oeste dá á rúa Progreso, debido á súa amplitude forma un conxunto que linda con varias rúas e prazas do conxunto histórico. A entrada a este recinto arqueolóxico de gran valor faise pola oficina de turismo de Ribadavia, sita na Praza Maior, no Pazo dos Condes de Ribadavia. == Historia == Algúns historiadores como Meruéndano levan a orixe deste castelo aos primeiros anos da Reconquista sendo logo ampliado durante o breve reinado de García de Galicia (1065-1071) que estableceu en Ribadavia a súa corte e a capital do seu reino. Porén outros moitos autores consideran que o castelo foi construído no século XII. Tempo despois serviu de refuxio para a Condesa de Traba e o rei neno Afonso VII que alí resistiron o ataque de Arias Pérez partidario dos dereitos sucesorios de Dona Orraca. Fernando II concedeulle en 1164 o foro de cidade de Ribadavia, entón chamada Bobou, e entregouna xunto co castelo ao seu tutor a Xoán Arias da Casa de Traba No ano 1375 Henrique II de Trastámara concedeulle o señorío de Ribadavia a Pedro Ruiz Sarmiento, pasando desde entón o castelo á propiedade da familia Sarmiento. Foi obxecto de importantes reformas no século XV que lle conferiron a súa imaxe definitiva. Foi abandonado no século XVII cando os condes de Ribadavia fixan a súa residencia no Pazo dos condes, na praza maior, e que estaba comunicado co castelo por unha porta. Tralo seu abandono o castelo sufriu a perda de moita da súa pedra que foi reaproveitada para a construción de moitas casas de Ribadavia. == Descrición == Das portas das antigas murallas que formaban parte co castelo dos sistema defensivo: a Porta da Vila (norte), a Porta de Santo Domingo (sur), A Porta da Fonte da Prata ou de San Xoán (oeste) e a Porta Nova de Arriba (leste), só esta última se conserva, xunto con outras dúas portas posteriores, a Porta Falsa da Magdalena (postigo) e a Porta da Tafona, que servía para permitir achegarse as augas do Avia. Dous fortes torreóns circulares flanquean a porta principal que presenta un arco de medio punto. Un escudo coas armas dos Sarmiento e os Fajardo decora a porta principal. No interior, nas escavacións arqueolóxicas levadas a cabo por Manuel Chamoso Lamas, puxéronse ao descuberto un conxunto de 20 sepulcros antropomorfos que conformaban unha necrópole medieval, datada nos séculos IX e XII. A carón das tumbas unha escalinata circular traballada directamente na rocha nai e que puideron pertencer á capela ou templo que fora o centro do camposanto. No interior do recinto amurallado construíuse, no século XX, na parte máis achegada ao río un auditorium, onde se celebra a Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, no mes de xullo. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === "Hallazgos sorprendentes en Ribadavia (Galicia)" 7/1/2007.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar