Museo

Centro de Información Xudía de Galicia

Ribadavia · Ourense

Centro de Información Xudía de Galicia, museo en Ribadavia

Foto: Lmbuga (Luis Miguel Bugallo Sánchez) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Centro de Información Xudía de Galicia, tamén coñecido popularmente como Museo Sefardí de Galicia, é un museo galego situado en Ribadavia (Ourense) e adicado á historia e as principais singularidades do pobo xudeu en Galiza. Situado no pazo dos Condes de Ribadavia, no número 7 da Praza Maior, o Centro de Información Xudía de Galicia ocupa o segundo andar do edificio, que comparte coa Oficina de Turismo e o Xulgado. A colección amosa algunhas pezas salientables da historia da comunidade xudía en Galiza como a menorá grabada nunha pedra da catedral de Tui, a lápida do século X-XI da Coruña, así como reproducións de obxectos ligados ao pobo e á cultura xudía.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Centro de interpretación

Altitude do punto ≈ 102 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ribadavia, a 65 m

Camiño de Santiago Caminho da Geira e dos Arrieiros, a 114 m

No concello viven 4.917 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Rúa Merelles Caula 2, 32400

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar