Museo

Museo Etnolóxico de Ribadavia

Ribadavia · Ourense

Museo Etnolóxico de Ribadavia, museo en Ribadavia

Foto: M.Peinado from Alcalá de Henares, España · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O Museo Etnolóxico de Ribadavia, inaugurado en 1993,de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia, primeiramente funcionou como sección do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Foi concibido por Manuel Chamoso Lamas.

Descrición

Situado no Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación Martín Vázquez, conta cos fondos Jesús Sánchez Orriols Chucho, Rubén García Álvarez e Meruéndano. Reúne importantes coleccións etnográficas de distintas zonas da Provincia de Ourense, desde finais do século XIX ata os nosos días, como cerámica, útiles de oficios tradicionais, apeiros de labranza, artes de pesca fluvial etc. Mención á parte merece a colección de obxectos relacionados co viño e a vide, produción característica da Comarca do Ribeiro. Destaca tamén a biblioteca especializada en antropoloxía e etnografía e unha abundante documentación sobre tradicións orais, así como un fondo que supera as 350.000 imaxes fotográficas e material documental sobre o teatro galego, incluído un fondo procedente da Asociación Cultural Abrente.

Galería de imaxes

Outros artigos

Ángel Llanos Museos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Museo etnográfico

Quen o coida Xunta de Galicia

Altitude do punto ≈ 77 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ribadavia, a 81 m

Camiño de Santiago Caminho da Geira e dos Arrieiros, a 57 m

No concello viven 4.917 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Rúa de Santiago, nº 10

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar