Auga termal
Termas de Prexigueiro
Ribadavia · Ourense

As termas de Prexigueiro son unha área de augas termais situada na parroquia de Francelos, no concello de Ribadavia. Estas termas son privadas e atópanse nun ambiente natural, completamente rodeadas por un bosque. Ademais, á beira do río Cerves, por debaixo destas termas, hai unhas pozas termais de libre acceso que proveñen do mesmo manancial. == Historia == A finais do sécuo XX unha escola taller de Ribadavia comezou a recuperar o contorno dos mananciais da parroquia, así como a reconstrución de aldeas e a creación de áreas recreativas. A idea inicial era facer da aldea de Prexigueiro unha vila termal con todas as instalacións necesarias. A recuperación destas termas, inauguradas de novo en xullo de 2010, foi levada a cabo polo arquitecto Álvaro Varela de Ugarte, autor da ponte do Milenio e dos recintos das termas da Chavasqueira e as termas de Outariz, en Ourense. O edificio alberga un circuíto termal ao aire libre, formado por pozas de auga quente, que recibe o nome de Camiño Kunamo. Recibe este nome porque ese é un dos camiños de peregrinación máis coñecidos do Xapón, e as termas que forman este circuíto teñen nomes dalgúns dos diferentes templos polos que pasa. Por outra parte, a área de tratamentos que se atopa no interior do edifico está formada por varias salas con nomes de diferentes parroquias próximas a Prexigueiro, como Ribadavia ou Pazos de Arenteiro. == Descrición == As augas do manancial de Prexigueiro son augas sulfurosas, bicarbonatadas, fluoradas e sódicas, orientadas sobre todo ao tratamento de problemas reumáticos, musculares, dermatalóxicos ou de estrés. O circuíto termal Camiño Kumano está formado por oito termas ao aire libre, cinco de auga quente (entre 37 °C e 41 °C), dúas de auga fría e outra con chorros de hidromasaxe. Por outra parte, dentro do edificio, atopámonos cunha sauna e un spa, ademais da área de tratamentos, onde hai unha gran variedade deles. Algunhas das técnicas máis actuais son as de chocolaterapia e viñoterapia, entre outras. == Accesos == Desde a vila de Ribadavia accédese pola estrada OU-801, paralela ao curso do río Miño. A vía de acceso reformouse no ano 2015. == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Páxina web das termas de Prexigueiro Termas de Prexigueiro en Turismo de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Prexigueiroa 594 mRibadavia E.A.-Vigo E.I. · Crecente-Ribadavia E.A. · IES DE RIBADAVIA-PREXIGUEIRO · IES DE RIBADAVIA-PREXIGUEIRO
- Prexigueiroa 606 mRibadavia E.A.-Hospital Álvaro Cunqueiro · CRECENTE-RIBADAVIA E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.