Ría e esteiro

Ría de Ares

Centroña · Pontedeume · A Coruña

Ría de Ares, ría e esteiro en Pontedeume

Foto: Paulo Fernandez Piñeiro · CC BY 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A ría de Ares é unha ría galega formada pola desembocadura do río Eume no océano Atlántico. É unha das catro rías, canda as de Ferrol, Betanzos e A Coruña, que conforman o Golfo Ártabro e fai parte, polo tanto, das denominadas rías medias. A ría de Ares separa Pontedeume, no lado sur, de Cabanas, Fene e Ares, que quedan ao norte. A boca da ría de Ares é compartida coa ría de Betanzos, onde o océano se interna no continente entre a punta Coitelada (en Cervás, Ares) e a punta Torrella (en Dexo, Oleiros). No interior, esta ría divídese en dous brazos, un en dirección leste e outro en dirección sur-sueste. O primeiro corresponde á ría de Ares ata a marisma que forma o río Eume no seu encontro co mar. Pola súa banda, dende a punta Torrella cara ao sur vaise estreitando a ría de Betanzos ata a cidade dos Cabaleiros, que lle dá o nome. Polo interior, a punta da Carboeira (en Boebre, Pontedeume) separa ambas as rías, deixando a costa sur da de Ares cara ao norte e a costa leste da de Betanzos cara ao sur.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Ría

Forma parte de Océano Atlántico

Altitude do punto ≈ 141 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Pontedeume, a 2,4 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 1,6 km

No concello viven 7.428 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar