Castro

Castro das Travesas

Beira · Carral · A Coruña

Castro das Travesas, castro en Carral

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O castro das Travesas ou Eira dos Mouros é un poboado castrexo situado no concello de Carral. Segundo as escavacións feitas en 2006, as primeiras ocupacións datan dos séculos IV-III antes da era actual.

Descricións

O castro ten unha planta circular que despois das limpezas feitas en 2006 e os estudos que se fan dende entón fixan unha extensión dunhas 6 hectáreas polo que está considerado como o castro máis extenso da provincia da Coruña. Preto do castro atopáronse indicios que confirman o paso dun ramal da vía romana XX do Itinerario de Antonino, coñecida como per loca maritima.

Escavación

No interior da croa en 2006 documentáronse estruturas de postes de madeira fincados na rocha e asegurados con chanzos, entrenzados de pallabarro e cubertas vexetais. A construción é autóctona.

Outros artigos

Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Castrexa (celta)

Que é Recinto fortificado

Altitude do punto ≈ 435 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ordes, a 10,6 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 135 m

No concello viven 6.836 (2025) · IGE

Para ir

Cadeira de rodas Limitada

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar