Castro

Castro Maior

Vizoño · Abegondo · A Coruña

Castro Maior, castro en Abegondo

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O castro Maior, Coto da Cerca ou Maior de Vizoño, é un castro situado no lugar de Torreira na parroquia de Vizoño, no concello coruñés de Abegondo da idade ferro-romana, duns 150 metros por 160 metros . Está situado no cumio do monte, nunha chaira.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado consistente nunha croa case circular defendida por un parapeto duns 8 metros de altura e uns 20 metros de anchura. Un foxo rodea todo o recinto, agás polo sueste, onde se abre un acceso a un pequeno antecastro defendido por un parapeto, que agora está deteriorado. Os dous recintos están rodeados completamente por un novo parapeto, maior, que se conserva ata unha altura duns 50 centímetros, non máis por mor da degradación dos traballos forestais. Obsérvanse tamén restos doutro posible parapeto, que completaría o complexo sistema defensivo. O conxunto ten unhas dimensións en planta duns 150 por 160 metros.

Conservación

O sistema defensivo foi alterado gravemente por traballos agroforestais que provocaron practicamente a desaparición dalgúns parapetos. No centro da croa unha pa mecánica fixo movementos de terras en 1974. No parapeto da zona noroeste instalouse un vértice xeodésico.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Castrexa (celta)

Que é Recinto fortificado

Tamén chamado Maior de Vizoño

Altitude do punto ≈ 470 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Carral, a 6,5 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 176 m

No concello viven 5.631 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar