Castro

Castro de Vizoño

Vizoño · Abegondo · A Coruña

Castro de Vizoño, castro en Abegondo

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O castro de Vizoño é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de Vizoño, no concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado de planta circular de 120 por 120 metros, defendido por un parapeto reforzado por un foxo polos lados norte e noroeste. Ó leste sufriu algunhas alteracións por unhas obras de construción, que o destruíron parcialmente polo seu extremo suroriental. Polo lado norte o foxo ocupado por un camiño veciñal e polo oeste foi alterado pola construción dunha estrada. O castro é unha explotación gandeira.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Outros artigos

Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Castrexa (celta)

Que é Recinto fortificado

Altitude do punto ≈ 395 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ordes, a 11,4 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 955 m

No concello viven 5.631 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar