Castro

Castro grande de Alcaiana

Vizoño · Abegondo · A Coruña

Aínda non hai foto de Castro grande de Alcaiana

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.16196|-8.34607}}

O castro grande de Alcaiana, ou de Eira do Coto, é un castro da idade ferro romano situado na Malata, na parroquia de Vizoño do concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado principal de planta circular defendido por un alto parapeto. Ten unha plataforma exterior polo lado sueste, que se defende cunha dobre liña de muros con foxo intermedio. Nas partes norte e oeste aproveitan a caída natural do terreo. O parapeto está cortado polo acceso ó recinto central, na parte sueste, xunto con entullo recente no recinto central. Ten unhas dimensións en planta duns 120 por 140 metros.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Outros artigos

Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado Castro de Eira do Coto

Altitude do punto ≈ 439 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ordes, a 10,7 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 87 m

No concello viven 5.631 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar