Castro

Castro de Ladra

Nete · Vilalba · Lugo

Aínda non hai foto de Castro de Ladra

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.24611|-7.68443}}

O castro de Ladra é un castro situado na parroquia de Ladra, no concello lucense de Vilalba. Accédese a el logo de chegar á igrexa de Ladra. Alí xírase á esquerda ata chegar ao lugar de Aguiar, e alí de novo á esquerda.

Descrición

Ten forma ovalada e conta cun único muro defensivo. Ten unha extensión de 9550 m2.

Arqueoloxía

Atopáronse restos na croa que proban a súa posterior romanización.

Lendas

Existe unha lenda segundo a cal un home atopou unha tesoira de ouro no castro. Pola noite uns descoñecidos petáronlle na porta para pedirlla, e el deúllela por debaixo da porta. Segundo outra lenda o castro comunica baixo terra co castro de Boizán.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado O Castro

Altitude do punto ≈ 443 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vilalba, a 5,6 km

Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 2,6 km

No concello viven 13.946 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar