Dolmen

Roza das Modias

A Torre · Vilalba · Lugo · -249

Roza das Modias, dolmen en Vilalba

Foto: Silvia MarVei · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A necrópole megalítica da Roza das Modias foi unha necrópole de mediados do III milenio a. C. atopada en Alba, Vilalba.

Características

Tres dos sete túmulos, en diferentes graos de conservación, presentaban gravados realizados sobre lousas xistosas.

Túmulo A

A cámara poligonal do túmulo A presenta gravados oscilantes en catro das sete lousas, representando o que podería tratarse de serpes, que tamén poden relacionarse coa plasmación de imaxes obtidas en visións alucinatorias. Estes gravados que só poderían ser vistos polos mortos están relacionados coas ideas relixiosas características da cultura megalítica. Ten 12 metros de diámetro e 1,50 de altura. A cámara é poligonal sen lousa de cobertura e oito ortóstatos visiblemente inclinados cara ao interior. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Necrópole

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 421 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vilalba, a 6,1 km

Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 1,4 km

No concello viven 13.946 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar