Castro

Castro de Lodeiro

A Torre · Vilalba · Lugo

Aínda non hai foto de Castro de Lodeiro

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.24819|-7.71719}}

O castro de Lodeiro ou castro da Torre, é un castro situado no lugar de Penadrade, na parroquia da Torre, no concello lucense de Vilalba. Tamén se coñece co nome de San Nicolás por mor dunha ermida construída preto de alí. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).

Descrición

Atópase a unha altitude de 495 metros sobre o nivel do mar, a carón da igrexa parroquial e sobre un outeiro. A planta é circular e conta cun só muro defensivo de 8 metros de ancho e entre 2 e 3 metros de altura.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Cultura castrexa

Que é Recinto fortificado

Tamén chamado Castro de San Nicolás

Altitude do punto ≈ 490 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vilalba, a 6,2 km

Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 303 m

No concello viven 13.946 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar