Castro

Castro de Nós

San Pedro de Nós · Oleiros · A Coruña

Aínda non hai foto de Castro de Nós

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.31496|-8.32792}}

O castro de Nós, tamén chamado Alto das Gobernas, ou Monte do Castro, ou Castro de Sarro, ou Castro Iñás, é un castro situado na parroquia de San Pedro de Nós, no concello coruñés de Oleiros.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado de planta elíptica. Ten unhas dimensións de 160 metros no eixo este-oeste e 80 metros no eixo norte-sur. As defensas están formadas por un talude na parte norte, cun terraplén exterior cunha altura de case 4 metros, case vertical na súa cara exterior pero de pendente lene na cara interior. Na zona oeste preséntanse un foso e un parapeto que salvan un desnivel de ata 8 metros. O lado meridional está defendido pola caída natural do terreo, pechándose tan só cun terraplén. Na parte noroeste está o acceso. Aprécianse algunhas estruturas que poderían ser un sistema defensivo para protexer a entrada ó interior do asentamento.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Outros artigos

Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

No catálogo GA15058013

Altitude do punto ≈ 143 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Cambre, a 2,8 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 2,7 km

No concello viven 38.750 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar