Castro

Castro de Ricos

Visantoña · Mesía · A Coruña

Aínda non hai foto de Castro de Ricos

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.13722|-8.31056}}

O Castro de Ricos, Castro de Vilanova ou Castro de Medorra é un poboado castrexo situado no lugar do Castro na parroquia de Visantoña, (Mesía).

Morfoloxía

O castro é un amplo recinto de forma circular con moitas irregularidades no seu trazado. Está totalmente rodeado por un parapeto, que acada na súa parte máis alta uns 3 metros. No sector setentrional ten dúas entradas: unha estreita, de orixe recente, e outra que podería ser a orixinaria. Na zona meridional foi destruída boa parte do parapeto e alí apréciase que foi construído de terra. Hai referencia de achados de muíños circulares.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.

Conservación

A titularidade está en mans privadas. A destrución do parapeto foi froito da concentración parcelaria, logo dunha distribución de terras.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado Castro de Ricos

Altitude do punto ≈ 390 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ordes, a 10,3 km

No concello viven 2.366 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar