Castro

Castro de Bexo

San Xoán de Laíño · Dodro · A Coruña

Aínda non hai foto de Castro de Bexo

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.70004|-8.75045}}

O castro de Bexo é un poboado castrexo da Idade de Ferro e de época romana, sito na aldea de Bexo (San Xoán de Laíño, Dodro).

Descrición

É un dos poboados máis grandes da zona, pero está mal catalogado e na súa ficha non aparecen as súas verdadeiras dimensións. Dende a súa coroa hai unhas vistas excelentes da ría de Arousa e do Baixo Ulla. Case non quedan restos pétreos polo espolio de pedra que se fixo nel para construír casas en Bexo, Teaio, Burés e A Vacariza; quedando no castro, aínda hoxe en día, restos do traballo das pedras polos canteiros. O montículo catalogado como un castro independente (GA15072016) é parte deste castro, máis que un poboado en si. En 2016 o concello comezou os traballos para estudar e poñer en valor a zona.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Castrexa (celta)

Que é Poboado

Altitude do punto ≈ 247 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Rianxo, a 7,9 km

Camiño de Santiago Camiño A Orixe, a 1,3 km

No concello viven 2.604 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar