Igrexa

Igrexa da Virxe Milagrosa de Ourense

Ourense

Igrexa da Virxe Milagrosa de Ourense

A igrexa da Milagrosa é un templo católico do século XX situado no barrio de Cruz Alta, en Ourense. == Historia == A Congregación da Misión, fundada por San Vicente de Paúl en Francia en 1625, chegou a España (en concreto, a Barcelona) en 1704 procedente de Italia. Tres padres paúles impartiron varias misións en Ourense en 1866, a máis destacada a de Xinzo de Limia. En 1869 predicarían unha Novena Misión no Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo. Estabelecéronse nel de maneira definitiva por encomenda do bispo da diocese e converteron o templo na única comunidade de Padres Paúles de Galiza. Pola súa banda, a residencia dos padres paúles na cidade de Ourense foi fundada en 1902 no número 23 da rúa de Alba (actual rúa Cardeal Quiroga). Anos despois trasladouse aproximadamente ao número 28, na beirarrúa oposta. En 1967 o sacerdote Domingo García envioulle unha carta con data de 29 de agosto ao bispo de Ourense Ángel Temiño Sáiz. Nela solicitaba a creación da Parroquia da Milagrosa tras servir a comunidade durante décadas na Igrexa de Santa María Nai: O bispo, tras obter un informe favorábel por parte do cabido o 22 de setembro, concedeulle a licenza para o levantamento da parroquia. Foi creada por Decreto Ordinario publicado no Boletín Eclesiástico da diocese de Ourense o 1 de maio de 1971. O templo foi construído nun viñedo propiedade dos Irmáns Paúles coñecido como «Fonte do Monte». Este foi valorado en 11 900 000 pesetas durante a realización dos trámites para edificar a igrexa. O inmoble da rúa Cardeal Quiroga foi taxado en 4 millóns de pesetas. A construción da igrexa e dos edificios auxiliares comezou o 1 de febreiro de 1971. Os oficios de Semana Santa leváronse a cabo desde o 15 de agosto dese ano nos baixos de diversos edificios da contorna. Tras o fin das obras o 24 de marzo de 1973, o santuario foi inaugurado a tarde do 10 de maio. Os oficios de Semana Santa daquel ano xa se celebraran no novo templo. Temiño Sáiz, quen bendeciu a igrexa con motivo da súa inauguración, doou unha imaxe da Virxe Milagrosa realizada en mármore branco de Alacant polo escultor Nicanor Carballo. O padre Ángel Dopazo Salgado regalou un órgano Hammond, adquirido por 380 000 pesetas. Varias fregresas e fregueses doaron o sagrario e varios cálices, e tamén entregaron igualmente diñeiro en metálico para a adquisición de bancos. == Descrición == === Exterior === O templo, ao cal se accede a través dunha escalinata, presenta unha fachada sinxela cun soportal. Os laterais consisten nunha combinación de muros de pedra graduados e paredes lisas con discretos contrafortes. Na cuberta destaca unha colorida cúpula cónica acristalada de seis caras, coroada por unha cruz como principal ornamento exterior. === Interior === O interior, cunha superficie de 738 m² e capacidade para unhas 400 persoas, posúe unha única nave de planta hexagonal. No seu muro frontal sitúase unha sinxela capela maior, influenciada pola simplicidade ornamental estabelecida nos principios do Concilio Vaticano II. O altar, construído en pedra, ten forma de trapecio invertido. Nel resalta unha letra M atravesada por unha cruz, símbolo representativo da Medalla Milagrosa. Na parte posterior ao altar sitúase unha talla de Cristo crucificado no centro, unha imaxe de San Vicente de Paúl á esquerda e outra da Virxe Milagrosa á dereita. Os laterais da capela están compostos por paneis con motivos circulares calados, e o sagrario fica desprazado cara a esquerda, no canto de estar situado no centro. A nave caracterízase pola luminosidade proporcionada por catro vidreiras cadradas de gran tamaño, divididas en parellas por unha trabe en cada unha das paredes laterais. Outro trazo distintivo é a carencia de ornamentos, só ten dúas tallas amais das da capela maior: unha imaxe pétrea da Virxe Milagrosa, realizada por Carballo no lado da epístola, e unha talla de San Xosé, sobre un pedestal de madeira decorado cun arco oxival, no lado do Evanxeo.…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar