Igrexa

Igrexa de San Bernabeu da Valenzá

A Valenzá · Barbadás · Ourense · 1576

Igrexa de San Bernabeu da Valenzá, igrexa en Barbadás

Foto: Crisky · Public domain · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Bernabeu da Valenzá é un templo relixioso situado na parroquia da Valenzá (Barbadás). Está dedicada ao apóstolo Bernabeu, e no lintel da porta maior sinálase a data da súa consagración, 1576.

Descrición

Ten planta única orientada ao norte. A porta principal ten un arco de medio punto. Na esquina dereita hai un reloxo de sol. Na espadana está o campanario, rematado en pináculo cunha pequena cruz, con tres vans, os dous inferiores con campás. A nave principal está dividida por un arco de medio punto. O coro reformouse en 1957. O retablo, de estilo barroco e construído en 1681, foi restaurado en 1969. No centro está o Sagrario e a imaxe de Bernabeu, co Divino Cristo no ático. Hai catro imaxes da Virxe do Carme, san Ramón, Antón de Padua e Roque de Montpellier. Logo do concilio Vaticano II, en 1969 o párroco José Soto Losada pediulle licenza ao bispo Ángel Temiño Sáiz para reformar o templo, colocando o altar cara aos fieis. O bispo reinaugurou o templo o 18 de outubro dese ano coa consagración do novo altar maior. No lado dereito hai unha capela dedicada a Xoán o Bautista, construída cara a 1584 polo capitán Tomás Rodríguez Punxín,

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Bernabeu apóstolo

Altitude do punto ≈ 177 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Valenzá, a 837 m

Ruta que pasa preto Camiño Natural de San Rosendo, a 297 m

No concello viven 11.192 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar