Igrexa

Igrexa de San Mamede do Castro

O Castro · Silleda · Pontevedra

Igrexa de San Mamede do Castro, igrexa en Silleda

Foto: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Mamede do Castro é a igrexa parroquial do Castro, no concello de Silleda. De primitiva fábrica románica, foi trasladada desde unha das abas da Copa do Castro á súa situación actual tralo asasinato do párroco. Nese lugar atópase agora o cruceiro.

Descrición

Doada ao mosteiro de Carboeiro no século XII, a igrexa consta dunha soa nave e ábsida rectangulares. Na fachada presenta unha fiestra e unha portada de arco semicircular, con dous pares de columnas. Complétase a fachada cunha espadana con dous ocos, onde se sitúan as campás, e outro sobre dos primeiros, rematada con pináculos. A ábsida apóiase sobre unha bóveda de canón con arco de medio punto, sobre columnas de capiteis con figuras zoomórficas. No muro do adro poden verse elementos decorativos desta igrexa románica e interesantes canzorros.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Mamede de Capadocia

Altitude do punto ≈ 405 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Silleda, a 2,4 km

Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 2 km

No concello viven 8.908 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar