Igrexa

Igrexa de San Pedro de Viveiro

San Pedro de Viveiro · Viveiro · Lugo

Igrexa de San Pedro de Viveiro, igrexa en Viveiro

Foto: Jose Luis Cernadas Iglesias from Coruña, España · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A Igrexa de San Pedro de Viveiro é un templo de culto católico situado na parroquia de San Pedro de Viveiro (concello de Viveiro) na provincia de Lugo. De estilo románico, dende o ano 1974 está considerada coma Ben de Interese Cultural, dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España.

Historia

O actual templo data de finais do século XII. Porén, a súa orixe remóntase até o século VI, como o pon de manifesto unha epígrafe situada nun perpiaño exterior no que se fai mención a unha restauración do século X. É a máis antiga da zona. Foi posteriormente ampliada e reformada nos séculos XII e XVII. Ademais do seu interese arquitectónico, no seu interior gárdase unha importante escolma de tallas.

Características

Presenta un estilo románico de gran pureza, fabricada en cantaría e cachotaría de granito, con parte dos seus muros caleados A cuberta é de lousa, a dúas augas. Consta de nave principal e lateral separadas por arcos de medio punto. Salienta a ábsida semicircular. Na fachada, a porta principal arránxase cun arco de medio punto sen enfente ningún, con espadana de dobre corpo e dous vans. Porta lateral románica, tapiada. No beirado salientan os antigos canzorros con diversas formas, especialmente os da ábsida. Existen varias inscricións nos muros exteriores. No interior atopamos un arco triunfal, bóveda de canón en nave, retablo maior neoclásico e lateral barroco, con tallas de interese e varias pezas antigas.

Galería de imaxes

Outros artigos

Arquitectura románica en Galicia Igrexa de San Francisco de Viveiro Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Monumento

Estilo Arquitectura románica

Dedicado a Pedro

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 16 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Viveiro, a 4,2 km

No concello viven 15.091 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar