Lago, lagoa e encoro
Lagoa de Castiñeiras
San Xián de Marín · Marín · Pontevedra
Foto: Gabriel González from Pontevedra, España · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A lagoa de Castiñeiras é unha lagoa artificial situada no monte de Cotorredondo (entre a comarca do Morrazo e a de Pontevedra), entre os termos municipais de Vilaboa (parroquia de Vilaboa, xunto aos lugares da Graña e Postemirón) e Marín (parroquia de San Xián).
Situación
Ao redor da lagoa sitúase un dos parques forestais máis antigos de Galicia, o Parque da Natureza Lagoa de Castiñeiras, situado en montes comunais e xestionado pola Xunta de Galicia. Está rodeado dunha masa forestal creada a partir dos anos 50 pero que probablemente teña a súa orixe nas primeiras plantacións do plan de reforestación da provincia de Pontevedra, iniciadas o 3 de xaneiro de 1927. Actualmente o parque conta cunhas 70 ha de superficie repoboadas con castiñeiros, bidueiros, carballo americano e outras especies exóticas. Dentro do parque atópase unha caseta de información e a Aula de Natureza de Cotorredondo, ambas as dúas xestionadas pola cooperativa Teixugo. No parque atópase un campo de catro mámoas entre as que destaca a Mámoa do Rei. Accédese pola estrada de Figueirido, dende a N-550, ou ben dende Vilaboa a través de distintos camiños forestais (401, 105).
Outros artigos
Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Lago
Altitude do punto ≈ 391 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Marín, a 4 km
Camiño de Santiago Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño, a 345 m
No concello viven 23.976 (2025) · IGE
Chegar en bus
- A Grañaa 596 mCPI DO TOURAL-SOBREIRA · CPI DO TOURAL-SOBREIRA · CPI do Toural-Cabanas (N-550) · CPI do Toural-Cabanas (N-550)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.