Castro

Castro do encoro de Cecebre

Orto · Abegondo · A Coruña

Castro do encoro de Cecebre, castro en Abegondo

Foto: Miguel Branco · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Castro do encoro de Cecebre é un castro de cumio fortificado situado na actual illa do encoro de Cecebre, en Orto, Abegondo. Podería ser un xacemento romano.

Descrición

Foi redescuberto en 2017. Ten forma ovalada con eixe maior orientado N-S, con dúas liñas defensivas. As súas medidas son 90 metros de LO e 120 m de NS. A illa está poboada de eucaliptos e só é accesible en bote. Os terreos están en Orto e son propiedade do concello da Coruña, que adquirira os terreos para a construción do encoro entre 1974 e 1976.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Castrexa (celta)

Que é Recinto fortificado

Tamén chamado Castro do Monte do Marco

Altitude do punto ≈ 29 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Cambre, a 4,4 km

No concello viven 5.631 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar