Espazo protexido

Encoro de Abegondo-Cecebre

Cambre · A Coruña · 2004

Encoro de Abegondo-Cecebre

O encoro de Abegondo - Cecebre ou encoro de Cecebre é un encoro entre Abegondo, Betanzos, Cambre e Carral construído na confluencia do río Barcés e o río Mero. O encoro, propiedade do concello da Coruña, construíuse entre 1975 e 1976 para fornecer de auga á cidade. O encoro e os seus afluentes, o río Barcés e o Mero, son espazo naturais que foron declarados como zona especial de conservación (ZEC). Este espazo natural protexe unha superficie de 529 ha e discorre entre ademais de polos concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral (onde está o encoro) tamén por Oza Cesuras. O valor da súa conservación é que ten oito hábitats de interese comunitario e dez especies de interese de protección. O 35 % da súa superficie protexida ten un valor alto ou moi alto de conservación. == Encoro == A superficie da conca é de 228 km² e a do encoro 363 ha e ten unha capacidade de 22 hm3. Acada unha lonxitude máxima de 2,8 km e unha profundidade máxima de 15 m. A profundidade media non supera os 5,9 metros, habendo amplas zonas de augas superficiais, por riba dos 2 metros. O ancho máximo do encoro é na vertente do río Mero. O maior nivel de enchente acádase a finais de inverno e primavera. == Clima == A zona, pertencente a rexión eurosiberiana, provincia Atlántica-Europea e sector Galaico-Portugués, ten un dominio climático oceánico húmido. == Hidroloxía == Os tramos fluviais abranguen uns 4,9 km do río Barcés e 3,8 km do río Mero. == Hábitats == O val do encoro é amplo, tendo nalgúns puntos ata 600 metros de ancho. Destacan pola conservación de masa forestal propia de ribeiras autóctonas.. O bosques de ribeira no Barcés discorren polos lugares da Ribeira de Cañás, Beade, Damil e A Praza. Para este río, a pendente das abas nestas parroquias son de pendente moderada, acusadas nalgúns puntos preto do Barcés. As especies de árbores que ten son ripícolas . Cando o Barcés e o Mero chegan ao encoro, pásase a terreos en chaira, cunha orixe por deposición aluviais, e que son explotados para cultivos agropecuarios . O hábitats de interese comunitario do ZEC incluídos na Directiva 92/43/CEE son : Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelletalia uniflorae). Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition. Estanques temporais mediterráneos Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri e de Bidention Ríos de pisos basais aos de montaña con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion Pastos con numerosas especies de gramíneas, con Nardus, sobre substratos silíceos de zonas montañosas Prados con xunga, como Molinion caeruleae, en substratos calcarios, turbosos ou arxilo-limosos Megaforbios, ou prados con plantas de grandes follas, eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos de montaña a alpinos Prados pobres de sega de baixa altitude, con Alopecurus pratensis ou Sanguisorba officinalis Queirogais secos europeos Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica == Flora e fauna == As principais especies que figuran como de interese e en réxime de protección especial no ZEC lístanse a continuación: === Flora === === Fauna === ==== Invertebrados ==== ==== Peixes ==== ==== Anfibios ==== ==== Réptiles ==== ==== Aves ==== É un hábitat que alberga máis de duascentas especies de aves, pertencentes a tres grandes grupos: aves acuáticas e ribeiregas, aves forestais e aves de campiña. ==== Mamíferos ==== == Lexislación == No ano 1991 iniciouse o recoñecemento provisional do encoro e das ribeiras do Mero e Barcés como espazo natural de interese de conservación en Galicia e actualizouse periodicamente. En decembro de 2004 propúxose como lugar de importancia comunitaria (LIC) e foi aceptado na rede Natura 2000 como zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O encoro de Abegondo-Cecebre está incluído ademais dentro da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e das Terras do Mandeo. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Augas da Coruña === Ligazóns externas ===…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar