Ponte histórica
Ponte do Milenio
Ourense
Foto: Dario Alvarez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A ponte do Milenio, tamén coñecida como ponte da Gaivota pola súa forma, é a quinta ponte da cidade de Ourense e está situada entre a ponte Maior e a ponte da Nacional 525 (Benavente-Santiago). Ten un deseño interesante e destacado por unha pasarela que a envolve a modo de anel que se deforma para elevarse por encima e baixar polos laterais. Por este anel, pódese camiñar até 20 m de altura por riba da ponte cunha traxectoria de 100 chanzos. A lonxitude do van central é de 110 m cunha pendente de 2.57% e un radio de 320 m.
Descrición
A ponte está constituída por dous niveis. O nivel inferior é unha plataforma de formigón que forma a ponte en si mesma e pola que transitan vehículos e peóns. Un sistema de tirantes e dous piares metálicos inclinados, situados nos extremos, sustentan a plataforma de circulación. O segundo nivel da ponte está constituído pola pasarela peonil que descende polas beiras laterais por debaixo da plataforma e ascende até unirse cos extremos que proceden do outro lateral por encima da ponte formando unha especie de aro deformado que se adapta á ponte de modo envolvente. Este paseo envolvente é transitábel e proporciona unhas vistas interesante da paisaxe do río e da cidade. A obra realizouse entre abril de 1999 e agosto de 2001.
Acceso
Accédese desde a estrada N-525 en dirección ao centro da cidade pola Rúa dos Remedios. Ten dobre sentido de circulación e desemboca nos seus extremos en senllas rotondas.
Responsábeis do proxecto
O proxecto é do arquitecto Álvaro Varela de Ugarte, da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, máster en Arquitectura pola Universidade Yale e doutor pola Universidade de Toquio. O desenvolvemento da enxeñería foi de Pondio Ingenieros s.l. e a empresa construtora foi UTE Ponte Miño (ACS / OCA).
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Ponte
Autoría Álvaro Varela de Ugarte
Paredes Formigón
Lonxitude 277.8 m
Inaugurado 2001
Altitude do punto ≈ 95 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ourense, a 605 m
Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 430 m
No concello viven 105.609 (2025) · IGE
Chegar en bus
- ROTONDA COUTOa 403 mBande-Ourense E.I. · Bande-Ourense E.I. · Reboreda-Ourense E.I. · Reboreda-Ourense E.I. · Avda. de Zamora 84-Mugares · IES O Couto-Reboreda
- Rotonda Coutoa 421 mAvda. de Zamora 84-Mugares
- AVDA. DAS CALDASa 440 mPIÑEIRO-OURENSE E.I. · Ourense E.I.-Piñor-Toén · Ourense E.I.-Moreiras-Toén · Ourense E.I.-Toén-Ourense E.I. (circular) · Ourense E.I.-Toén-Ourense E.I. (circular) · Ourense E.I.-Moreiras-Toén-Moreiras-Ourense E.I. (Trelle a demanda)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.