Monte e serra
Serra do Cando
Anllo · San Amaro · Ourense · 2004
Aínda non hai foto de Serra do Cando
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.38970|-8.08470}}
A serra do Cando é unha serra galega pertencente á cordilleira dorsal galega que ten montes a unha altura media de entre 600 e 1.000 metros sobre o nivel do mar. Esténdese polos concellos de Cerdedo Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Está unida á serra do Candán polos montes de Costoia. Nesta serra nacen os ríos Verdugo e Almofrei. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC). A vexetación da serra son as xestas, o mato de toxos, breixos e carqueixas. Hai importantes plantacións de piñeiro e eucalipto. Existe un ecosistema de gran valor nos altos da serra, así como nas carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Espazo natural protexido · Lugar de Importancia Comunitaria
Extensión 5.484 m²
Altitude do punto ≈ 385 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima O Carballiño, a 4,5 km
Camiño de Santiago Camiño Natural dos Arrieiros, a 1,3 km
No concello viven 1.032 (2025) · IGE
Chegar en bus
- ANLLO (MARQUESIÑA)a 340 mO Carballiño (auditorio)-Rubiás-O Carballiño (auditorio) · O Carballiño (auditorio)-Rubiás-O Carballiño (auditorio)
- O Outeiroa 892 mO Carballiño (auditorio)-Rubiás-O Carballiño (auditorio)
- O Outeiroa 894 mO Carballiño (auditorio)-Rubiás-O Carballiño (auditorio)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.