Auga termal
Termas do Muíño da Veiga
Canedo · Ourense
Aínda non hai foto de Termas do Muíño da Veiga
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.35159|-7.91072}}
As termas do Muíño da Veiga son unha área de augas termais situada no concello de Ourense, a carón do río Miño.
Características
Recibe o seu nome por estar situadas ao pé dun antigo muíño de madeira. As augas destas termas aconséllanse para afeccións da pel e dermatite, xa que son de mineralización débil e alcalinas, e manan a unha temperatura de entre 65 e 72 °C. A área está formada por cinco piscinas: unha principal de 200 m², unha secundaria de 13 m² e outras dúas máis pequenas de 55 e 45 m², ademais dunha de auga fría para os baños de contraste. A temperatura da auga é de 40 °C. A zona termal, de acceso peonil con aparcadoiro próximo, está comunicada co centro da cidade a través do tren das termas. Preto destas pozas atópanse as termas de Outariz.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Baños termais
Altitude do punto ≈ 94 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ourense, a 3,7 km
Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 508 m
No concello viven 105.609 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Portoa 289 mIES 12 DE OUTUBRO-REGOALDE · IES 12 DE OUTUBRO-REGOALDE · Ourense E.I.-Laias · OURENSE E.I.-LAIAS
- OUTARIZa 467 mReboreda-Ourense E.I. · Reboreda-Ourense E.I. · Ponte Barxas-IES de Ribadavia-Ourense E.I. · Ponte Barxas-IES de Ribadavia-Ourense E.I. · Ponte Barxas-Ourense E.I. · Ponte Barxas-Ourense E.I.
- Eirasvedrasa 527 mIES 12 DE OUTUBRO-REGOALDE · IES 12 DE OUTUBRO-REGOALDE · Ourense E.I.-Laias · OURENSE E.I.-LAIAS
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
