Igreja
Igrexa de San Xurxo da Coruña
A Coruña
Foto: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Construção religiosa em Coruña, a 25 m de altitude, a 67 m do Camiño Inglés.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km². A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002. A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán. Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX. Estas déronlle á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal. Destacan tamén as súas numerosas praias e o medio rural, que ofrecen múltiples posibilidades de lecer.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
O que é Igreja · Monumento
Estilo Arquitectura barroca
Dedicado a Xurxo de Capadocia
Proteção Ben de Interese Cultural
Altitude do ponto ≈ 25 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima A Coruña, a 106 m
Caminho de Santiago Camiño Inglés, a 67 m
Habitantes do concelho 251.277 (2025) · IGE
Como ir
Cadeira de rodas Não
Chegar de autocarro
- Porta Reala 183 mA Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Porta Reala 185 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Teatro Colóna 389 mTeatro Colón-San Pedro de Nós · San Pedro de Nós-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace)
Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.
