Igreja

Igreja de Santiago (Corunha)

A Coruña

Igreja de Santiago (Corunha), igreja en A Coruña

Foto: Jose Luis Cernadas Iglesias · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Construção religiosa em Coruña, a 26 m de altitude, a 62 m do Camiño Inglés.

A igrexa de Santiago é o templo coruñés principal e o máis antigo. Comezouse a construír no século XII, durante o reinado de Fernando II. No seu adro reuníase o concello ata o século XV.

Historia

As primeiras noticias da igrexa de Santiago son de 1218 e durante a Idade Media reuníase no seu adro o concello, ata que no século XV pasou a ocupar o convento de San Domingos. A igrexa tiña dúas torres, unha con campás e outra na que se gardaban escrituras e pólvora, entre outros obxectos. Ambas as torres ameazaban ruína, polo que se recomendou a súa demolición en 1531. A nova torre, construída en 1607, obrigou a reformar a ábsida da Epístola. O 1 de abril de 1779 sufriu un incendio que levou a ter que realizar profundas reparacións. No século XIX o arquitecto Juan de Ciórraga creou o rosetón da fachada e as escaleiras de acceso.

Descrición

A planta orixinal contaba con tres naves, que foron reducidas a unha soa, de estilo oxival, no século XV. A fachada principal é románica e sobresae do muro nun bloque. Na arquivolta central aparecen os vinte anciáns da Apocalipse cos seus instrumentos musicais escoitando ao Salvador. O tímpano está sostido por anxos e nel aparece Santiago o Maior a cabalo. Esta figura, e algunha outra, proceden doutra parte. Polo leste hai tres ábsidas románicas, divididas no exterior por columnas con capiteis vexetais; a da esquerda está seccionada por un esquinal da torre. A igrexa ten tres portas, das que a do norte é a máis antiga. O tímpano está sostido por dúas mochetas con cabezas de bovinos e representa un año entre dous circos que sostén unha cruz coas patas. A porta sur tamén é románica e ábrese á sancristía. A torre foi construída no 1607. A ábsida forma un curioso recuncho que é a rúa máis curta da Coruña, a da Reixa Dourada. Resaltan os canzorros que sosteñen o beiril do tellado e o rosetón no testeiro da nave.

Galería de imaxes

Outros artigos

Arciprestado de Faro

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Igreja · Monumento

Estilo Arquitectura románica

Dedicado a Santiago o Maior

Proteção Ben de Interese Cultural

Altitude do ponto ≈ 26 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima A Coruña, a 237 m

Caminho de Santiago Camiño Inglés, a 62 m

Habitantes do concelho 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar