小圣堂

Capela da Virxe Peregrina de Pontevedra

Pontevedra · 1779

Capela da Virxe Peregrina de Pontevedra, 小圣堂 en Pontevedra

照片: Fernando · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Pontevedra的宗教建筑, 海拔约 26 米, 距Caminho Português de Santiago 39 m.

A capela da Virxe Peregrina é un templo relixioso situado en Pontevedra, declarada Ben de Interese Cultural. Foi construída a partir do 18 de xuño de 1778, seguindo un proxecto de Antonio Souto costeado pola confraría da súa advocación. A primeira misa celebrouse o 2 de agosto de 1794.

Historia

A orixe da capela remóntase a 1753, ano no que se fundou unha congregación dedicada ao culto da Virxe do Camiño, que posteriormente deu lugar na Congregación da nosa Señora do Refuxio a Divina Peregrina. En 1757 elaborouse un altar para a imaxe da Virxe Peregrina na capela da Virxe do Camiño, o que se traduciu na aparición de problemas propios de ter dúas imaxes con diferente tutela (recollida de esmolas, repique de campás...). A xustiza e o goberno municipal, por estes e outros motivos, ordena sacar a imaxe e o retablo do templo, que se trasladan a unha nova capela de madeira nun soar extramuros, xunto á Porta de Trabancas. Dous anos máis tarde, ao abrirse unha canteira nun monte propiedade dun dos membros da congregación en Santo Amaro de Moldes ponse a primeira pedra do santuario. A súa construción remata en 1792, ano no que se penduran as campás, a porta, as vidreiras e máis tarde o adro, consagrado dous anos máis tarde. Cara a 1795, debido a unha treboada que causa graves danos ao templo, derrúbase parte da súa torre norte, e non será arranxada até 80 anos despois (1873), intre no que se instalan tamén dous pararraios. Non só a Capela sufriu mudanzas. A contorna no que nun inicio situouse a capela tamén mudou. A cidade sufriu unha importante remodelación urbanística desde mediados do século XIX, e o adro substituíuse por unha grande escalinata. En 1981 lévase a cabo a primeira restauración do Santuario para reparar danos estruturais importantes (había grandes fendas no edificio producidas por un desprazamento dos alicerces). Foi levada a cabo por César Portela e Xosé Bar Boo. O templo foi sometido a unha profunda rehabilitación entre 2007 e 2008, dado que debido ao peso da construción e a carencia de contrafortes, así como ao impacto de diversos raios, a edificación sufría serios danos. Tamén se restauraron as vidreiras, muros, a pintura e o reloxo da torre entre outros elementos. No ano 2011 foi declarada Ben de Interese Cultural.

Arquitectura

Ten planta de cuncha de vieira, símbolo dos peregrinos, con remate en cruz. É de estilo barroco tardío con formas neoclásicas, así como o seu retablo maior, de 1789. A imaxe central da patroa é do século XIX. A fachada, con tres fornelos coas figuras de san Roque, Santiago Apóstolo e santa María, ten dúas torres e unha alegoría da fe. Na entrada hai unha cuncha, que serve de pía de auga bendita, traída polo mariño Casto Méndez Núñez do océano Pacífico. O reloxo da torre foi instalado en 1896, procedente do Hospital de San Xoán de Deus. O chan de mármore foi instalado en 1964, por unha doazón de Manuel Durán. No seu adro hai unha fonte cunha estatua de Teucro.

Galería de imaxes

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 小圣堂

风格 Barroco

供奉 Santa María

作者 Antonio Souto

所属 Camiño portugués

屋顶 屋瓦

保护级别 Ben de Interese Cultural

该点海拔 ≈ 26 m · Terrain Tiles

最近城镇 Pontevedra,126 m

圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,39 m

全市人口 83,339 (2025) · IGE

如何前往

无障碍通道 有限

在地图上查看在维基百科阅读官方网站路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近