紀念建築物

Monumento aos heroes de Ponte Sampaio

Pontevedra · 17 m · 1911

Monumento aos heroes de Ponte Sampaio, 紀念建築物 en Pontevedra

照片: Xosema · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Pontevedra的紀念建築物, 海拔约 17 米, 距Caminho Português de Santiago 209 m.

O Monumento aos Heroes de Ponte Sampaio é un conxunto escultórico conmemorativo creado polo escultor Julio González Pola, situado en Pontevedra. Atópase nos xardíns da praza de España e foi inaugurado o 27 de agosto de 1911. O monumento conmemora o valor do pobo pontevedrés liderado polo oficial Pablo Morillo e o seu triunfo sobre as tropas napoleónicas do mariscal Michel Ney, liberando a Pontevedra da ocupación do exército francés os días 7 e 8 de xuño de 1809.

Historia

O parlamentario galego Eduardo Vincenti Reguera e o Centro Galego de Madrid foron os principais artífices da creación do monumento. O 9 de febreiro de 1909, o Concello de Pontevedra acordou conceder unha subvención de 500 pesetas e, posteriormente, autorizou a achega da pedra de granito que soporta as figuras. Esta iniciativa foi apoiada tamén por Javier Puig Llamas, alcalde de Pontevedra nese momento, e Eugenio Montero Ríos, presidente do Senado. Todas estas autoridades pronunciaron discursos na inauguración do monumento o 27 de agosto de 1911. O goberno do rei Afonso XIII, que doou o bronce necesario para a escultura, concedeu tamén unha medalla conmemorativa da batalla de Ponte Sampaio. A contribución de moitos particulares ao financiamento do monumento tamén quedou testemuñada. A estatua estaba rodeada por unha fonte monumental construída en 1983, que foi desmontada en 2009 para devolver ao monumento e os seus arredores o seu deseño espacial orixinal.

Descrición

Este grupo escultórico pertence ao movemento de escultura conmemorativa española de principios do século XX. O conxunto ten oito metros de altura. Consta de varias figuras de bronce sobre un pedestal de granito que representan a un grupo de campesiños, soldados e estudantes encabezados polo oficial Pablo Morillo, sostendo unha bandeira nos momentos finais da batalla. Na parte central do monumento, unha figura feminina (que representa a Galicia e á patria) apoia a súa man nun escudo coas armas de España e estende o seu brazo para convidar ó combate. Na parte superior, a figura do oficial Pablo Morillo anima a loitar coa espada. Xunto a el hai un campesiño, un estudante, un soldado e outro combatente ferido que representan a resistencia do pobo contra o invasor. Detrás deles está a bandeira e xunto a ela un canón. Nas esquinas da parte inferior do monumento atópanse os catro escudos das provincias galegas. A construción central de granito simboliza un dos piares da ponte de Ponte Sampaio, onde tivo lugar a maior parte da batalla e que foi destruída tras a mesma.

Relevancia

O catedrático de historia da arte da Universidade Complutense de Madrid Francisco José Portela Sandoval considerouno un dos monumentos máis logrados da época pola súa composición e reprodución fiel do acontecemento que pretende inmortalizar.

Outros artigos

Batalla de Ponte Sampaio

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Grupo escultórico

作者 Julio González Pola

墙体 青铜 · 花岗岩

高度 8 m

启用 1911

海拔 17 m

最近城镇 Pontevedra,354 m

圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,209 m

全市人口 83,339 (2025) · IGE

如何前往

地址 Plaza de España

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近