Pazo

Casa da Alfóndega

Redondela · Pontevedra

Casa da Alfóndega, pazo en Redondela

Foto: Tommyhilfiger · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A casa da Alfóndega é unha casa galega situada no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia homónima. Preto da casa da Torre, foi construída no século XVI pola familia Prego de Montaos. Destaca polos brasóns da súa fachada. Recibe este nome da praza da Alfóndiga (lugar de venda de graos).

Descrición

A construción da casa data do século XVI pola familia Prego de Montaos, a mesma familia propietaria da casa da Torre, que se atopa ao seu carón. A orixe do topónimo reside na praza que leva o mesmo nome, debido á que no pasado era empregada coma lugar de venda de gran. Na súa fachada conta con dous brasóns, un a cada carón da entrada. O brasón esquerdo pertence ao escudo da familia Prego de Montaos, mentres que o da dereita pertencen ás liñaxes dos Lira, Prego de Montaos, Ozores e Troncoso. Está situado na rúa Isidoro Queimaliños, e na actualidade o seu uso é privado.

Outros artigos

Redondela, Redondela

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 12 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Redondela, a 198 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 58 m

No concello viven 28.928 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Isidoro Queimaliños 41, 36800, Redondela

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar