Pazo

Pazo do Pousadouro

Reboreda · Redondela · Pontevedra

Pazo do Pousadouro, pazo en Redondela

Foto: Zeldaatila · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O pazo do Pousadouro é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Reboreda.

Descrición

A fundación do pazo data do ano 1740, da man de Francisco Casimiro Marcó del Pont , militar galego e gobernador da Corona Española en Chile. O brasón da familia fica na entrada do pazo. No ano 1834, após a morte do seu dono, o pazo foi posto á venda. Porén, non sería até finais de século cando o adquirise en propiedade Fermín Alfaya Milijosa, un avogado galego. O Pazo de Pousadouro foi o escenario de gravación de varios capítulos do programa da Televisión de Galicia Larpeiros.

Outros artigos

Reboreda, Redondela Francisco Casimiro Marcó del Pont

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 53 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Redondela, a 610 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 541 m

No concello viven 28.928 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar