Pazo

Pazo de Reboreda

Reboreda · Redondela · Pontevedra

Pazo de Reboreda, pazo en Redondela

Foto: HombreDHojalata from Spain · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O Pazo de Reboreda é unha casa do lugar de Quintana, anexa á igrexa de Santa María de Reboreda, no concello pontevedrés de Redondela.

Descrición

Foi fundado a finais do século XVII por García Prego de Montaos. Os Prego de Montaos emparentaron cos Troncoso de Lira e cos vascos Mondragón, que fixeron a capela, despois igrexa parroquial. Moi modificado, o seu estado de conservación é bo. Está comunicado coa igrexa por unha pasaxe elevada. Feito con perpiaño e cachotería, con cuberta a dúas augas, ten un portalón ameado cara ao oeste, un hórreo na leira, e dous escudos na fachada leste, amais do escudo da ábsida da igrexa. Pertenceu a Ignacio Manuel Pereira, caudillo de milicianos que participou na Batalla de Ponte Sampaio da Guerra da Independencia española. Na casa naceu Xoán Manuel Pereira de Castro, seu fillo, protagonista da novela O señorito da Reboraina de Ramón Otero Pedrayo.

Galería de imaxes

Outros artigos

Pazo de Torrecedeira

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 68 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Redondela, a 1,2 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,1 km

No concello viven 28.928 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar