Pazo

Casa da Torre

Redondela · Pontevedra

Casa da Torre, pazo en Redondela

Foto: Tommyhilfiger · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A casa da Torre é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia homónima.

Descrición

A construción da casa data do século XVI pola familia Prego de Montaos, cuxo brasón loce na entrada principal do pazo. O estilo do edificio é de tipo renacentista, e na súa fachada érguese unha torre a catro augas que lle dá nome ao pazo. Até o século XIX o pazo aínda contaba cunha estrutura amurallada que o arrodeaba. Está situado na Praza de Ribadavia, e pola súa beira sur discorre o río Alvedosa. Ao longo da historia foi a sede municipal antes de situarse a casa do concello onde está na actualidade. Tamén foi empregada coma sede dunha empresa de autobuses. Na actualidade constitúe o único pazo de titularidade pública do concello, sendo empregado coma o albergue da vila na ruta portuguesa do Camiño de Santiago. Tamén conta cunha biblioteca, un salón de actos e varias salas de exposicións.

Outros artigos

Redondela, Redondela

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Uso actual Albergue de peregrinos

Altitude do punto ≈ 12 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Redondela, a 220 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 40 m

No concello viven 28.928 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Isidoro Queimaliños 43, 36800, Redondela

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar