Pazo

Pazo de Torres Agrelo

Reboreda · Redondela · Pontevedra

Pazo de Torres Agrelo, pazo en Redondela

Foto: juantiagues · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O pazo de Torres Agrelo é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Reboreda.

Descrición

A súa construción data do ano 1750. O edificio principal do pazo é rectangular con dúas almenaras en cada extremo. No seu interior, destacan a existencia de azulexos de Triana, unha escaleira central de madeira de castiñeiro e varias fiestras de vidro policromado. Foi empregado como hospital para o exército xermano durante a segunda guerra mundial e como refuxio durante a guerra civil española, e por este motivo conserva restos de pasaxes subterráneas. Na actualidade emprégase para fins de restauración e hostalaría. Mariscal Leoncio Rubín de Celis, natural de Redondela, mandou erguer o pazo en 1865, e o seu escudo aínda figura na fachada principal. En 1910, os xornais sinalaron que o pintor Joaquín Sorolla tiña interese en alugar o pazo para pasar o verán, aínda que non se confirma que finalmente o fixese. [3] A comezos do século XX, o pazo pasa a ser propiedade da familia Iturria, de Donostia, quen o mantería durante practicamente todo o século. Durante a época dos Iturria (fundamentalmente en meados do século XX), a propiedade investiu de forma significativa na mellora e ornamentación do xardín: creáronse unha gruta e fontes, un estanque e camiños ao estilo dos xardíns de Santa Lucía de Portugal, e destinárono tamén a celebración de eventos e banquetes. Foi entón cando o xardín acadou o seu máximo esplendor e participaría en concursos paisaxísticos. Deste período destacaron especialmente as camelias centenarias (Camellia japonica e Camellia sasanqua), con exemplares de entre 100 e 150 anos, algunhas de gran porte —de ata 10–15 m de copa— incluídas no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia por idade, tamaño e valor botánico. En 2020 estaba dedicado á hostalaría, con suxestivos xardíns para eventos e hóspedes.

Árbores senlleiras

As camelias das especies Camellia sasanqua e Camellia japonica dos xardíns do pazo figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras elaborado pola Xunta de Galicia, ao igual que a tuia xigante.

Outros artigos

Reboreda, Redondela

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 64 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Redondela, a 1,1 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 554 m

No concello viven 28.928 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar