Casa de indianos

Casa da Axudantía

Ribadeo · Lugo · 1886

Casa da Axudantía, casa de indianos en Ribadeo

Foto: Agremon · CC BY-SA 2.1 es · Wikimedia Commons ↗

A casa da Axudantía é unha casa de indianos situada na rúa de San Roque nº 14 de Ribadeo, nun grupo de catro casas de indianos xunto á casa de Torres, a casa de Rodríguez Blas e a casa de Andés. Do outro lado está a capela de San Roque.

Características

Trátase dunha casa de orixe unifamiliar construída en 1886 promovida por Francisco López García, e é de estilo ecléctico. Ten tres plantas e baixocuberta, de 265 m² (medidas polo SIXPAC). Ten cerrazón da leira con murete e enreixado. Ten acceso con escaleiras na planta baixa. As tres plantas teñen un aspecto moi diferente xa na fachada principal: na entrada, dúas columnas de fundición manteñen o balcón superior, con miradoiros metálicos a ambos os lados. Durante moitos anos foi a sede da Axudantía de Mariña.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Estilo Casa de indianos

Andares 3

Altitude do punto ≈ 41 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ribadeo, a 156 m

Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 85 m

No concello viven 9.996 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Rúa de San Roque, 27700, Ribadeo

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar