Castro

Castro das Grobas

Vilaselán · Ribadeo · Lugo

Castro das Grobas, castro en Ribadeo

Foto: gl:User:Agremon · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O castro das Grobas é un castro situado na parroquia de Vilaselán, no concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Está incluído no Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural co número GA27051007.

Morfoloxía

O castro, litoral, ten unha forma circular ben definida, cunhas dimensións máximas duns 230 m x 180 m, ocupando algo máis de dúas hectáreas e media, ó sur da insua de Vilaselán (Penedo da Ínsua). Suponse que a insua veciña ten algo que ver co castro, pois apareceron alí restos arqueolóxicos como cerámicas. Distínguense tres foxos paralelos escavados na rocha e de anchura entre 8 e 10 m, separados por parapetos. Asemade, hai indicios dun antecastro, protexido por outro foxo. Non se aprecian destrucións nin alteracións. Na actualidade o castro forma parte dun terreo comunal creado a resultas da concentración parcelaria en Vilaselán, Ribadeo. A datación abrangue dende a época castrexa do ferro a finais da conquista romana.

Datación

Está adscrito á idade de ferro romana e atópase no lugar coñecido como O Morgullón.

Galería de imaxes

Outros artigos

Castro Cultura castrexa

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Extensión 3 m²

No catálogo GA27051007

Altitude do punto ≈ 16 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ribadeo, a 2,1 km

Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 1,5 km

No concello viven 9.996 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar