Pazo

Pazo de Ibáñez

Ribadeo · Lugo

Pazo de Ibáñez, pazo en Ribadeo

Foto: Vanbasten 23 · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Pazo de Ibáñez é un pazo de estilo neoclásico situado en Ribadeo, que serve de casa consistorial.

Características

Tamén coñecido como pazo do Marqués de Sargadelos, porque foi Antonio Raimundo Ibáñez quen o mandou construír a finais do século XVIII sobre unha antiga edificación do 1568. Dispón de planta rectangular e dobre altura máis bufarda. Está fabricado en perpiaños de granito e con cuberta de lousa a catro augas, cun soportal de catro pilastras na fachada principal e sobre el unha gran balconada de estilo isabelino, fundida nos antigos fornos de Sargadelos, con catro balcóns de frontóns triangulares. No muro esquerdo ten unha lápida alusiva ao fundador de Sargadelos. No seu interior alberga tamén outra lápida do marqués de Sargadelos e varios lenzos de Pérez Couto, Prieto Cousent e Pérez Martínez.

Outros artigos

Pazos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Casa do concello

Leva o nome de Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés

Altitude do punto ≈ 45 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ribadeo, a 344 m

Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 217 m

No concello viven 9.996 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar