Illa
Illa Pancha
Vilaselán · Ribadeo · Lugo
Foto: Balles2601 / Wikimedia Commons / CC BY-SA 4.0 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A illa Pancha é o extremo occidental da saída da ría de Ribadeo, fronte á Punta da Cruz.
Xeografía e historia
Está situada na punta nordeste do concello de Ribadeo, e acolle o principal faro da contorna. Está unida a terra por unha ponte refeita con formigón armado no ano 1983. Próximo a ela está o miradoiro da illa Pancha, incluído na ruta dos miradoiros. Ten unhas 1,1 hectáreas e orografía escarpada e recortada, aínda que chá no seu cumio, onde está instalado o vello faro de illa Pancha, construído en 1857. O novo faro, na zona norte, é do último cuarto do século XX (1983). A illa tivo unha estación meteorolóxica a finais dos anos 1920.
Xeoloxía e bioloxía
A súa costa é rochosa e ten vexetación de plantas costeiras que lle dá unha cor moi variable ó longo do ano, incluída a invasora 'unlla de gato'.
Panchorro
Nas súas proximidades desenvólvese unha onda que polas súas características (ata 20 m de altura) é codiciada polos surfistas, pretendéndose organizar un campionato en función da súa aparición, o "IIla Pancha Challenge".
Polémica sobre o hotel
No ano 2014 comezou o proceso para que o faro sexa usado coma hotel, contando con oposición veciñal. Está catalogada como Zona 2, Área de Conservación, dentro do Plan Director da Rede Natura 2000, zonas que a priori non están autorizadas para uso turístico. Pese ó anterior, en abril de 2017 o vello edificio comezou a ter actividade como apartamentos turísticos. En 2019 o colectivo de Ribadeo Por Nuestro Faro denunciou restricións de acceso.. En agosto de 2021 a empresa hostaleira abriu unha cafetería con terraza. En 2022 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reiterou a obriga de que a illa tivese acceso libre ao ser un espazo natural.
Dependencia administrativa
A illa é administrada pola Autoridade Portuaria de Ferrol-S. Cibrao.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Extensión 0 m²
Altitude do punto ≈ 0 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ribadeo, a 2,2 km
Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 1,5 km
No concello viven 9.996 (2025) · IGE
Chegar en bus
- A Torrea 1,1 kmRibadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña)
- Vilaselán (A Torre)a 1,1 kmRibadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro · Pereiro-Rinlo-Ribadeo E.A. · Pereiro-Rinlo-Ribadeo E.A.
- Vilaselán (igrexa)a 1,2 kmRibadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro · Pereiro-Rinlo-Ribadeo E.A. · Pereiro-Rinlo-Ribadeo E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
