Casa de indianos

Casa de Sela

Ribadeo · Lugo · 1869

Casa de Sela, casa de indianos en Ribadeo

Foto: Antonio Gregorio Montes (Agremon · CC BY-SA 2.5 es · Wikimedia Commons ↗

A casa de Sela é unha casa de indianos situada en Ribadeo, construída en 1869 e polo tanto, unha das máis antigas casas de indianos da vila.

Descrición

É unha mansión con planta en U, duns 500 m². Conta cun extenso xardín interno con árbores xa vellas, minguado xa no século XXI pola construción na súa parte traseira dun extenso bloque de vivendas. Hai xa tempo a parte dianteira da mansión abranguía un xardín público, en transformación nestes momentos para facer nel un 'parque de Indianos'. A mansión foi mandada construír por unha familia retornada de México, e na actualidade segue a ser casa familiar. A súa construción bebe das construcións galegas da época, coa integración do granito entre outros elementos. Non obstante, hai documentos que indican unha certa réplica dunha casa en México. O seu xardín integra vexetación indíxena, palmera incluída. A galería leste é rechamante mesmo dende o exterior do cercado.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Estilo Casa de indianos

Andares 2

Altitude do punto ≈ 36 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ribadeo, a 330 m

Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 260 m

No concello viven 9.996 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Rúa San Roque, 27700, Ribadeo

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar