Castro
Castro da Punta Torrella
Dexo · Oleiros · A Coruña

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
O castro de Punta Torrella é un castro situado na parroquia de Dexo, no concello coruñés de Oleiros.
Morfoloxía
Consta dun recinto único fortificado e de planta oval. As súas dimensións son duns duns 125 metros no eixo nordeste-suroeste e uns 60 metros no eixo noroeste-sueste. Conta cunhas defensas constituídas por unha unha sucesión de parapeto e foso que acadan unha altura de ata 4 metros na parte oeste 2,5 na parte do cantil costeiro. Hai indicios de que pola banda norte-nordeste pode existir outro parapeto que enlace co recinto principal. O acceso probablemente ábrese no sector sur-suroeste, por medio dunha rampla encaixada entre dous taludes.
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Outros artigos
Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Castrexa (celta)
Que é Recinto fortificado
Altitude do punto ≈ 33 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Mera, a 3,5 km
No concello viven 38.750 (2025) · IGE