Castro
Castro de Punta Roza
Dexo · Oleiros · A Coruña
Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
O castro de Punta Roza é un castro situado na parroquia de Dexo, no concello coruñés de Oleiros.
Morfoloxía
Consta dun recinto fortificado situado nunha península apuntada, de forma triangular. As súas dimensións son duns 150 metros no eixo norte-sur e uns 100 metros no eixo este-oeste. Ten un primeiro parapeto á altura do istmo da península. A continuación hai un recinto de planta case circular que está defendido polo sur por outros tres parapetos de altura considerable con dous foxos intercalados entre eles. No extremo sur hai unha estrutura amesetada que defende o acceso ao castro.
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Outros artigos
Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Castrexa (celta)
Que é Recinto fortificado
Altitude do punto ≈ 3 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Mera, a 3 km
No concello viven 38.750 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Dexo (O Corgo)a 776 mTeatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Carnoedo-Sada (concello) · Concello de Sada-Carnoedo-Teatro Colón · Sada (concello)-Carnoedo-Teatro Colón (por Rialta) · Concello de Sada-Dexo-Teatro Colón
- Dexo (igrexa)a 888 mLorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Concello de Sada-Carnoedo-Teatro Colón · Sada (concello)-Carnoedo-Teatro Colón (por Rialta) · Concello de Sada-Dexo-Teatro Colón
- Dexo (igrexa)a 898 mTeatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Teatro Colón-Carnoedo-Sada (concello)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
