Espazo protexido

Costa de Dexo-Serantes

Oleiros · A Coruña · 2004

Costa de Dexo-Serantes

A Costa de Dexo, ou Dexo-Serantes, é un espazo natural declarado monumento natural e zona especial de conservación (ZEC) que vai desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé en Oleiros. É zona de costa de 11 km con cantís, exposta e con matogueiras acostumadas a ambientes halinos e con fortes ventos, que inclúe a todas as illas e illotes próximos á costa. É unha costa de xistos cristalinos e de rochas metamórficas de fácil erosión cun perfil de cantís serrados e fortemente erosionados, con praias encaixadas. Este espazo costeira é dos poucos ben conservados en toda a Costa Ártabra. Como destaca pola súa paisaxe, a súa xeomorfoloxía, e é zona de aniñamento de aves como corvo mariño cristado, a gaivota do Caspio, e o andoriñón real declarouse espazo de interese de conservación e monumento natural. A zona costeira neste lugar está formada por cantís nos que aniñan varias especies de aves mariñas. Abrangue 266 ha. como monumento natural desde o 2000, e 346.53 ha. como zona especial de conservación en 2014, despois de ser declarada como lugar de importancia comunitaria no 2004. A zona viuse afectada polo desastre do Prestige (2002). == Hábitats e flora == O litoral ten furnas mariñas e arrecifes, así como bancos de area con auga mariña a pouca profundidade. As calas do litoral algunha é grande e de pouca fondura. A vexetación deste litoral destaca é de argazos e a vexetación perenne nos coídos. A flora dos cantís é a propia de rexións atlánticas e bálticas. Na costa hai pequenos mananciais petrificantes e algún rego basal, con vexetación de ranúnculos somerxidos. Os rochedos do litoral, que son silíceos, teñen vexetación casmófita. Ten queirogais como Erica ciliaris e Erica tetralix, propios de zonas húmidas atlánticas, e outros de solos secos. No litoral hai estepas de gramíneas e prados en solos con turba ou arxila con Molina careulea ou xuncos. Outros prados son de sega baixa con Alopecurus pratensis ou Sanguisorba officinalis. Os montes aluviais son de freixos, Fraxinus excelsior, e ameneiros, Alnus glutinosa. == Fauna == === Anfibios e réptiles === As especies de anfibios e réptiles do Anexo II da Directiva 92/43/CEE presentes no espazo son: Discoglossus galganoi Lacerta schreiberi Lacerta schreiberi, o Lagarto das silvas === Mamíferos === As especies de mamíferos do Anexo II da Directiva 92/43/CEE presentes no espazo son: Lutra lutra Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros === Aves === Algunhas aves presentes no espazo son: Andurón (Apus melba) Gaivota patiamarela (Larus cachinnans) Corvo mariño cristado (Phalacrocorax carbo) == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Seixo Branco === Ligazóns externas === Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. (Vídeo) Costa de Dexo-Serantes da Aula do Mar da Casa do Fareiro de Mera, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar