Castro
Castro de Subiña
Dexo · Oleiros · A Coruña
Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
O castro de Subiña, tamén chamado Vixía de Subiña ou Atalaia de Subiña, é un castro situado na parroquia de Serantes, no concello coruñés de Oleiros.
Morfoloxía
Consta dun recinto fortificado a través de dúas estruturas circulares concéntricas. As súas dimensións son duns 140 metros de diámetro, o recinto principal ten uns 75 metros de diámetro no eixo norte-sur e 65 metros no eixo este-oeste. Está defendido na súa metade norte por un muro de ata 3 metros de altura exterior. Sobre el hai un parapeto de 1,5 metros que descende cara ao sur. O segundo recinto, concéntrico respecto do anterior, atópase defendido por un terraplén duns 2,5 metros de altura. O acceso a ambos recintos realízase pola parte meridional.
Conservación
Obras recentes de construción de varias vivendas unifamiliares afectaron parcialmente ó terraplén da plataforma exterior. Actualmente a vexetación impide acceder ós restos do castro.
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Outros artigos
Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Castrexa (celta)
Que é Recinto fortificado
Altitude do punto ≈ 91 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Mera, a 1,5 km
No concello viven 38.750 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Dexo (Torre)a 839 mTeatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Teatro Colón-Carnoedo-Sada (concello)
- Dexo (Torre)a 846 mLorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Concello de Sada-Carnoedo-Teatro Colón · Sada (concello)-Carnoedo-Teatro Colón (por Rialta) · Concello de Sada-Dexo-Teatro Colón
- Dexo (igrexa)a 1,0 kmTeatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Teatro Colón-Carnoedo-Sada (concello)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
