Castro
Castro de Cos
Cos · Abegondo · A Coruña
Aínda non hai foto de Castro de Cos
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.22988|-8.24875}}
O castro de Cos é un castro situado no Barral na parroquia de Cos, no concello coruñés de Abegondo.
Morfoloxía
O castro de Cos consta dun recinto principal fortificado de forma elíptica, defendido por un terraplén interno. Este terraplén ten entre 4 e 6 metros de altura no arco E-S-O e uns 23 de ancho. Nesta mesma zona consérvanse restos dun primeiro foxo duns 4 m de ancho, e que na parte setentrional foi destruído por movementos de terras. O sistema defensivo complétase cun segundo parapeto, duns 4 metros de alto e 12 de ancho. Está reforzado cun segundo foxo moi deteriorado, do que só se conserva o arco suroriental.
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Outros artigos
Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 116 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Abegondo, a 3,3 km
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 115 m
No concello viven 5.631 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Cos (cruzamento)a 240 mViós (instituto)-Betanzos (biblioteca)
- Cos (cruzamento)a 243 mViós (instituto)-Betanzos (biblioteca) · IES de Viós-A Torre (casa Miguel) · IES de Viós-A Torre (casa Miguel) · Abegondo-Vilar (Meangos) · Abegondo-Vilar (Meangos)
- A Aldea de Abaixoa 410 mViós (instituto)-Betanzos (biblioteca) · Viós (instituto)-Betanzos (biblioteca) · Teatro Colón-San Pedro de Présaras · San Pedro de Présaras-A Coruña E.A. · A Coruña E.A.-Boimorto (concello) · Teatro Colón-San Pedro de Présaras
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.