Castro

Castro de Leiro

Leiro · Abegondo · A Coruña

Aínda non hai foto de Castro de Leiro

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.19611|-8.27375}}

O castro de Leiro é un castro situado no lugar de Loureiro na parroquia de Leiro, no concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía

Consta dun único recinto fortificado de forma ovalada. Está defendido por un parapeto de entre 3 e 4 metros de altura en entre 7 e 20 de anchura. No arco O-N-L o parapeto está reforzado cun foxo, que acada os 15 metros de ancho, e un segundo parapeto duns 3 metros de altura e 13 de anchura. Hai indicios de que na parte oeste houbo un segundo foxo O recinto ten 108 metros de diámetro no eixo NO-SE e 88 no eixo NE-SO. O sector norte, a parte traseira, está desaparecida, co foxo cunha estrada por riba. No sector leste está tamén afectado. Inda así os resto dos sectores do castro consérvanse axeitadamente.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Recinto fortificado

Altitude do punto ≈ 198 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Abegondo, a 3,7 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 62 m

No concello viven 5.631 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar