Castro

Castro de Meangos

Meangos · Abegondo · A Coruña

Aínda non hai foto de Castro de Meangos

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.22805|-8.25834}}

O castro de Meangos é un castro situado na parroquia de Meangos, no lugar da Igrexa, no concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado cun pequeno recinto central duns 50 metros de diámetro, defendido por un pequeno terraplén. Está rodeado por un segundo recinto que polo seu lado sur foi destruído pola construción dunha igrexa e o seu cemiterio. Este segundo recinto ten unha forma oval. Está defendido por un parapeto duns 28 metros de anchura e 8 de altura. No arco O-N-L presenta un aterrazamento que chega ós 23 metros de anchura no lado oeste e que se vai pechando cara a parte oriental As construcións da igrexa destruíron parcialmente o extremo meridional do xacemento. Por riba del pasa unha liña eléctrica de alta tensión.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Castrexa (celta)

Que é Poboado

Altitude do punto ≈ 153 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Abegondo, a 2,5 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 159 m

No concello viven 5.631 (2025) · IGE

Segundo IGN Topo

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar