Castro

Castro dos Penedos

Belesar · Vilalba · Lugo

Aínda non hai foto de Castro dos Penedos

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.27655|-7.74717}}

O castro dos Penedos, tamén coñecido como castro de Belesar, é un castro situado na parroquia de Belesar, no concello lucense de Vilalba. Accédese a el logo de chegar á ponte de Meire e dende alí xa se ve unha forte pendente, que corresponde cunha parte do castro. Tamén recibe o nome de castro de Santa Catarina por unha capela en adoración á santa que se construíu sobre el e da que só se conserva un muro.

Descrición

É o segundo de maior extensión de todo o concello, logo do castro de Goiriz. Atópase sobre un couto, conta con dobre muro defensivo e un terreo bastante irregular.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Lenda

Existe unha historia de mouros no castro e un tesouro enterrado nun baúl.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado Castro de Santa Catarina

Altitude do punto ≈ 474 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vilalba, a 6 km

No concello viven 13.946 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar