Castro

Castro de Untia

Betanzos · A Coruña

Castro de Untia, castro en Betanzos

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O castro de Untia é un poboado castrexo sobre o cal se asenta a actual cidade de Betanzos.

Historia

A actual cidade de Betanzos asenta sobre o castro situado no outeiro entre os ríos Mandeo e Mendo, ao fondo da ría de Betanzos. O trazado das sucesivas edificacións e rúas ao longo do tempo mantivo a estrutura ovalada e o escalonamento imposto pola orografía do monte. A croa do castro estaría na zona máis alta do monte, sendo a actual praza da Constitución. O rei Afonso IX nun documento datado en Valencia de Don Juan o 13 de febreiro de 1219 traslada a vila de Betanzos ao castro de Untia (Castrum de Vnctia) a petición dos habitantes. O castro era entón propiedade do mosteiro de Sobrado.

Outros artigos

Cultura castrexa Arco Ártabro

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 28 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Betanzos, a 246 m

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 49 m

No concello viven 13.508 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar