Museo
Centro Internacional da Estampa Contemporánea
Betanzos · A Coruña · 1997

Foto: Basilio 12:52, 10 July 2007 (UTC) · Public domain · Wikimedia Commons ↗
O Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) é unha fundación constituída en Betanzos en 1997 co obxecto de promover e difundir o gravado.
Orixe
A Fundación ten o seu xermolo nos cursos internacionais "Gráfica" dirixidos por Jesús Núñez Fernández en Betanzos, celebrados desde 1985. Debido ao éxito destes cursos, especialmente entre estudantes de Belas Artes, propiciou o seu establecemento como escola permanente de arte, con axudas da Deputación da Coruña e do concello de Betanzos. O centro está localizado na Casa Núñez, edificio modernista deseñado por Rafael González Villar, cunhas instalacións de máis de 1.500 m², que inclúen: Obradoiros: albergan o material necesario para o desenvolvemento das técnicas gráficas máis comúns: litografía, serigrafía, xilografía, fotografía, técnicas dixitais... Contan con prensas, laboratorios fotográficos, equipos informáticos e reprográficos, almacéns de secado de soportes, e todo tipo de instrumentos para a elaboración e ensino do gravado, e serven de aulas para a realización tanto de cursos monográficos como dun mestrado en Obra Gráfica, dirixido a licenciados en Belas Artes. Biblioteca: nutrida a base de doazóns e de edicións propias do centro, conta cunha base de datos de documentación e eventos relativos á arte gráfica: bienais, exposicións, convocatorias de premios e concursos... Museo da Estampa Contemporánea: nado a partir das obras producidas por profesorado e alumnado no marco dos cursos Gráfica, na actualidade, e grazas a doazóns e depósitos realizados tanto por particulares como por institucións, alberga obras de artistas coma Pablo Picasso, Salvador Dalí ou Joan Miró, ademais de tres salas monográficas dedicadas a Jesús Núñez, Luís Seoane e Amadeo Gabino. Sala de exposicións: albergan mostras de carácter mensual de artistas consagrados e de novos valores. Exhibíronse coleccións de autores coma Le Corbusier, Antoni Clavé, Rafael Canogar, Antonio Saura o Luis Feito.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Fundación
Fundado por Jesús Núñez Fernández
Altitude do punto ≈ 32 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Betanzos, a 185 m
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 20 m
No concello viven 13.508 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Betanzos (praza)a 115 mSada (hotel Sada Palace)-Betanzos (praza) · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular) · Betanzos (praza)-Betanzos (praza) · Betanzos (praza)-Sada (hotel Sada Palace) · Betanzos praza-A Coruña E.A. (express) · Betanzos praza-A Coruña E.A. (express)
- A Ponte Vellaa 242 mBetanzos (institutos)-Monfero (concello) · Betanzos (institutos)-Monfero (concello)
- Betanzos (biblioteca)a 250 mSada (hotel Sada Palace)-Betanzos (praza) · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular) · Teatro Colón-San Pedro de Nós-Betanzos (praza) · Teatro Colón-San Pedro de Nós-Betanzos (praza) · Viós (instituto)-Betanzos (biblioteca) · Viós (instituto)-Betanzos (biblioteca)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.